24 de xaneiro de 2005

Queridas irmás e irmáns:

6ª Folga Mundial de Mulleres – 8 de Marzo do 2005
Un salario digno por todo o noso traballo e equidade salarial no mercado global
Acabemos coa pobreza e a guerra
– Que se invirta en coidar, non en matar!

Desde o ano 2000, no Día Internacional da Muller, en distintos tipos de accións de base en máis de sesenta países, as mulleres xuntas esixiron, que a sociedade invirta en coidar e non en matar, e que o diñeiro despilfarrado na guerra se destine ás necesidades das comunidades. A rede da Folga Mundial de Mulleres medrou e fortaleceuse nos cinco anos desde a primeira folga, especialmente nos países do sur global, e as mulleres, e cada vez máis os homes, movilízanse agora durante todo o ano. Vimos cómo o traballo conxunto a través das fronteiras nacionais, con outras e outros en loita pola xustiza fainos máis fortes a todas e todos.

Opoñerse á guerra e rematar coa pobreza son inseparables. Recentemente o terrible maremoto (sunami) acabou coa vida dunhas duascentas mil personas, pero moitos miles morren cada día por culpa da fame, as enfermidades, o quentamento global do planeta e as guerras – todos eles desastres que no son naturais senon que son causados polo dominio do diñeiro e do mercado. Os gobernos e as súas queridas transnacionais falan moito de acabar coa pobreza pero nunca de darnos o diñeiro que necesitamos. Lúcranse dos terrores xemelgos da pobreza e a guerra e non lles interesa acabar con eles. Só nosoutras e nosoutros, empezando polas mulleres coidadoras que loitamos cada día para soster a vida e que traballamos máis duro por menos, podemos facelo. A Folga é unha forma importante de movilizarnos por este cambio que pretende salvar a vida.

Non pedimos caridade senon só o que nos gañamos. Esiximos un salario digno por todo o noso traballo. As mulleres e os homes que traballamos a cambio dun salario temos dereito á mesma paga, en calquera país, independentemente da nosa idade, raza ou relixión. Esiximos a equidade salarial no mercado global. Este é o noso programa para acabar coa pobreza, o sexismo e o racismo.

A Folga tenta unir ás mulleres (e aos hombres) por enriba das moitas divisións. A demanda de remuneración global equitativa e de remuneración de todo o traballo que facemos, dános unha oportunidade a todas e todos as e os traballadores, pero especialmente as invisibles, con salario ou sen salario, a que fagamos sentir a nosa contribución e o noso poder: nais e outras coidadoras, activistas de base; granxeiros de subsistencia familiar e inmigrantes; as e os que sobreviven con subsidios de invalidez e outros subsidios sociais; as nenas e nenos; as e os que realizan traballos manuais; traballadoras/es sexuais; prisioneiras/os y ex-prisioneiras/os; obxetores de conciencia; estudantes; sobreviventes de violacións; voluntarias/os comunitarias/os e outras e outros que traballan pola xustiza; traballadoras/es comunitarios e moitas/os máis; independentemente do noso sexo, raza, nacionalidade, relixión, idade e opción sexual . . .

A rede multirracial de homes Payday coordina o apoio e a participación dos homes a nivel internacional. A súa contribución non se limita a apoiar as accións das mulleres de Folga, senon tamen a organizarse coas mulleres e homes que rexeitan o traballo letal e represivo do exército en moitos países, desde EE.UU. e o Reino Unido ata Israel e Eritrea. O reclutamento dos pobres – especialmente da xente de cor e inmigrante, incitados a unirse ao exército por necesidade económica – permitiu a EE.UU. facer a guerra. Por tanto, as e os que se negan a matar son vitais ao movemento para acabar non só coa guerra senon tamén coa pobreza.

A Revolución Bolivariana de Venezuela e a resistencia ao golpe de EEUU e Francia en Haiti son un importante punto de referencia para a Folga. Están en gran parte dirixidos por mulleres, aínda que isto non se admita con frecuencia.

A Folga lanzará o seu terceiro documental sobre Venezuela – a extraordinaria experiencia bolivariana demostra que o que esiximos pódese lograr e que é o que queren as bases. E Payday estrenará a súa película Negarse a Matar sobre mulleres e homes que se negan a convertirse en torturadores, violadores e asasinos para as forzas armadas.

Estamos horrorizadas que Bush e os seus xenocidas esbirros estén a cargo do maior exército do mundo por catro anos máis. Pero como dixo Joe Hill, un gran loitador da clase traballadora, cando foi incriminado polo asasinato pola policía estadounidense e foi sondenado a morte: "Non choredes. ¡Organizádevos!"

Poder ás irmás e irmáns para parar ao mundo e cambialo!

Selma James

Folga Mundial de Mulleres (coordinación internacional)

COORDENAÇÃO INTERNACIONAL:
Huelga Mundial de Mujeres y Mujeres de Color en la Huelga Mundial de Mujeres
Crossroads Women’s Centre, 230A Kentish Town Road, Londres NW5 2AB, Inglaterra
Tel: +44-20-7482 2496 Fax: +44-20-7209 4761
Email: womenstrike8m@server101.com  Website: www.globalwomenstrike.net 

Payday (Dia do Pagamento) – a rede de coordenação de apoio dos homens.
Endereço de contato em Londres. E-mail: payday@paydaynet.org 

ESTADO ESPAÑOL. Huelga Mundial de Mujeres, Centro 'Las Mujeres Cuentan', Radas 27 Local, 08004 Barcelona Tel/Fax: +34-93-442 2304 E-mail: huelgademujeres@terra.es 

3ª FOLGA MUNDIAL DE MULLERES - 2002

Home