Mulleres e nenas fan 2/3 do traballo mundial polo 5% dos ingresos.
De xeito que cando as mulleres paran, párase todo

Parémo-lo mundo para cambialo.Únete á

FOLGA MUNDIAL DE MULLERES

8 DE MARZO 2000

Por un milenio que valore todo o traballo e a vida de tóda las mulleres

As mulleres de Irlanda chamaron á folga e as mulleres en tódolos currunchos do mundo están a responder á chamada.


¡Mentres cada ano o mundo gasta 700 billóns de $-USA en orzamentos militares, menos de 20 billóns de $-USA adícanse a necesidades vitais (acceso a auga potable, saúde, sanidade e educación básica)! A fenda aberta
entre os ricos e o resto é "grotesca" e vai medrando: a riqueza das tres familias máis ricas é maior que os salarios anuais de 600 millóns de persoas nos países máis pobres. Un tercio da poboación do mundo depende de madeira para combustible recollida maioritariamente por mulleres e nenas.

En África, as mulleres e as nenas cultivan máis do 80% dos alimentos aí consumidos. En Asia, moitas mulleres e nenas recollen leña por máis de cinco horas ó día. En Latinoamérica e no Caribe, o 25% da poboación -e un 60% da poboación nativa- non ten acceso á auga potable. Nos países industrializados, as mulleres con traballo asalariado a penas gañan un 50% do que gañan os homes.

A contribución anual das mulleres sen salario equivale, polo menos, a 11 trillóns de $-USA. A sociedade e mesmo o mercado non sobrevivirían sen o traballo das mulleres sen salario: na casa, no campo, nas empresas familiares, nos lugares de culto, nos barrios e veciñanzas - nas aldeas, os pobos e nas cidades.

As mulleres traballamos máis duramente tanto nos traballos tradicionais coma nos non tradicionais. Incluso as mulleres con carreiras profesionais
facemos malabarismos para responder ás despiadadas demandas do mercado e, ó mesmo tempo, cubri-las nosas propias necesidades. Agárdase das mulleres que sexamos flexibles, e dísenos que debemos competir cos homes e darlle prioridade ó traballo por enriba d@s fill@s.
As mulleres e as nenas merecemos unha reducción da sobrecarga de traballo e un recoñecemento financieiro pola nosa enorme contribución.

Mulleres: envíennos as súas razóns para face-la Folga

Grupos: mándennos as súas adhesións -o nome e o enderezo da súa

organización- as súas demandas e as razóns de porqué queren unirse a este

paro e as accións que desexan tomar

E-mail: huelgademujeres8m@teleline.es

Página Web: http://womenstrike8m.server101.com

Hai moitos xeitos de que os cartos nos cheguen. Por exemplo:

Abolición da "débeda do Terceiro Mundo". O traballo que fan as mulleres -incrementado masivamente polos axustes do Fondo Monetario Internacional - pagou a débeda de máis. De calquera xeito , ¿como poden compararse "préstamos" dunhas poucas décadas con 500 anos de colonialismo e roubos?*

*O día 12 de Marzo celébrase unha Consulta Social pola abolición da débeda Externa no Estado Español. ¡Participen!*

Acceso a auga potable e tecnoloxía ecolóxica para tódolos fogares – todas merecemos cociñas, refrixeradores e lavadoras . . . que sexamos pobres non significa que teñamos menos necesidades.

Acceso económico á vivenda e ó transporte.

Protección contra toda violencia -no fogar, na fábrica, na oficina, no campo, na rúa . . .

Igualdade salarial a nivel internacional para todas, por traballo do mesmo valor.

Salario polo traballo de coidar a outr@s, sexan familiares ou non. ¿Que traballo é máis valioso que criar nen@s e coidar d@s outr@s?

Licencia de maternidade pagada, descansos para amamantar e outros beneficios que recoñezan o traballo biolóxico das mulleres, en lugar de castigarnos por ser mulleres.


Aparte das 7 demandas internacionais básicas as mulleres no Estado Español queren incluir:

Aumento dos subsidios adicados ás mulleres, ¿cómo podemos escapar da violencia doméstica cando se lles da ás nais con ingresos de menos de1202991 ptas anuais unha prestación de só 36000 ptas para cada fill@?

Máis prestacións para o traballo de coidar de otr@s, sexan nenas/os, familiares ou non. ¿Quen vai a negar ás mulleres que coidan de persoas maiores incapacitadas a prestación de 40000 ptas mensuais? ¿Que traballo
é máis valioso que criar nen@s e coidar ás persoas?

Que o goberno cumpra coa lexislación para medir e valora-lo traballo non remunerado das mulleres e o publique e inclúa nas contas nacionais.

Comuniquen esto ás súas familias, amig@s, organizacións, gremios, lugares de culto e ás comunidades nas aldeas, pobos e cidades. Transmitan esta mensaxe oralmente, por teléfono, correo electrónico e fax e mantéñanse en contacto connosco.

coordinadoras de la Huelga en España:

Mulleres por un Salario para el Trabajo Sin Sueldo

Apartado 109, 08080 Barcelona, España. Tel/Fax: 93 318 0802

E-mail: huelgademujeres8m@teleline.es

Página Web: http://womenstrike8m.server101.com