¡QUE SE INVIRTA EN CUIDAR, NON EN MATAR!

* $800 billóns gástanse no mundo cada ano en presupostos
militares
* $40 billóns máis para "a Nova Guerra de EEUU"
* con só $80 billóns cubriríanse as necesidades vitais – acceso a auga potable, saúde, sanidade e educación básica; e un ingreso mínimo para todas/os.
2001trl.gif (12410 bytes)

3ª FOLGA MUNDIAL DE MULLERES
8 de MARZO 2002
Día Internacional das Mulleres

ÚNETE Á FOLGA POR:

Un mundo que valore todo o traballo das mulleres e cada vida -- que se
invirta en cuidar non en matar.

ÚNETE À FOLGA PARA ACABAR CON:

  • "A nova guerra de EEUU" e tóda-las guerras -- as mulleres e @s

  • nen@s somos a maioría dos mortos e feridos, e o 80% dos refuxiados.

  • A Globalización -- acabar con o traballo sen soldo ou con baixo soldo
    e con o exceso de traballo en todo o mundo.

AS MULLERES E AS NENAS REALIZÁMO-LO 2/3 DO TRABALLO DO MUNDO POLO 5% DOS INGRESOS.A MAIOR PARTE DESTE TRABALLO É SEN SALARIO.

As mulleres facémo-lo traballo de dar a vida, alimentar e cuidar a todo o mundo. Aquel@s nos que invertímo-las nosas vidas son sacrificad@s como “daños colaterais” ou reducid@s a máquinas de matar. Por iso somos centrais en cada movemento contra a guerra. É un desastre que so a metade da raza humana estexa entrenada para cuidar e a outra metade para creer que “teñen cousas máis importantes que facer”.

Como o poder das multinacionais e as suas guerras ameaza cada recuncho das nosas vidas, formáronse movementos masivos: para recupera-la nosa terra e o noso planeta e en contra do roubo (vía privatización) da auga, as sementes e os xens... A Folga Mundial de Mulleres, unha voz independente das mulleres neste gran movemento, reclama que o enorme gasto militar invírtase en cuidar, alimentar, curar, aprender, ensinar

Demandas da Folga Mundial de Mulleres
A Folga e as suas demandas dannos ás mulleres e ás nenas un espacio único para expresarnos as nosas necesidades, independentemente da nosa situación, raza, nacionalidade, edade, ingresos, ocupación, dis/capacidade, preferencia sexual...nas cidades e tamén nos pobos onde vivimos a maioría de nos. Esperamos que, independentemente do tipo de demandas que suliñen ou engadan, fagan a lista de TODAS elas. As demandas unen a todas as que participamos na folga e dan poder internacional ás accións locais.

A primeira demanda establece o dereito das mulleres ó recoñecemento do traballo básico que facemos en cada sociedade. As outras demandas son sobre necesidades específicas e mostran as formas en que esta primeira demanda cambiaría o mundo.

  • Que se pague todo o traballo de cuidar da xente en salarios, pensións, terra e outros recursos ¿Qué çé máis valioso que criar nen@s e cuidar dos demáis?, Que se invirta na vida e no benestar, non en presupostos militares e cárceres

  • Igualdade salarial para tod@s, mulleres e homes, no mercado global

  • Permisos de maternidade e descansoa para amamantar pagos, e outras prestacións, non mías penalizacións por sermos mulleres

  • Que se acabe o roubo da “Débeda Externa” que recae con máis intensidade sobre as mulleres e as nenas, nos non debemos nada, débese a nos

  • Acceso á auga potable, sanidade, vivenda, transporte, alfabetización

  • Tecnoloxía e enerxía non contaminantes que reduzan as nosas horas de traballo. Tod@s necesitamos cociñas, frigoríficos, lavadoras, ordenadores e tempo libre

  • Protección e asilo contra toda violencia e persecución, incluidas as dos propios familiares e a xente en posicións de poder

  • Liberdade de movemento. O capital viaxa libremente, ¿por qué non a xente?

Home